Pokémon Masters chegará a móbiles o 29 de agosto

mércores, 24 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Aínda que Pokémon Rumble Rush estea a ter unha acollida moi discreta, a franquía de Pokémon non descansa no verán, e para o vindeiro 29 de agosto está previsto o lanzamento de Pokémon Masters, xogo que vén de abrir a súa inscrición na App Store e na tenda de Google Play, de xeito que os xogadores interesados neste título recibirán unha alerta cando estea finalmente dispoñible.
Este novo xogo de Pokémon é probable que si teña unha moi boa aceptación, xa que convida aos usuarios a iniciar unha nova aventura explorando a illa de Passio, na que celebrarase un torneo de combates de 3 contra 3 chamado World Pokémon Masters, no que participarán adestradores coñecidos cos seus respectivos Pokémon, para poder formar o noso equipo anhelado.
O novo xogo tamén contará con modo multi-xogador con combates cooperativos con amigos de todo o mundo, no que tres xogadores xuntarán forzas para vencer en combates emocionantes.

JPEG - 165.5 KB
O xogo centrarase en combates de 3 contra 3

Vídeo de presentación de Pokémon Masters

PUBLICIDADE