Pokémon Ranger 2 sairá no Xapón en marzo

martes, 15 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O éxito da Nintendo DS parece ser froito dos seus xogos, polo que os posuidores desta consola poderán aledarse ó saber que o xogo Pokémon Ranger, que levou á súa consola a liderar as listaxes de vendas de videoxogos o pasado mes de abril (superando mesmo ó Brain Training), contará pronto (chegará ás tendas niponas en marzo) cunha secuela segundo se puido ver na revista xaponesa Coro Coro.

Imaxe do novo xogo

Pokémon Ranger 2 manterá o seu peculiar sistema de xogo no que hai que capturar ós Pokémon facendo uso da pantalla táctil da DS e parece que corrixirá unha das principais eivas da súa anterior entrega, posto que o novo título será compatible coa conexión Wi-Fi da consola portátil de Nintendo, o que permitiría un modo multixogador.

PUBLICIDADE