Polémica polos cambios no sistema de medición de audiencias de medios dixitais por parte de OJD
xoves, 12 de marzo do 2009

- Os resultados de ElMundo.es de OJD reflicten un incremento de usuarios únicos pese a que o resto de valores mantense estable
Moitos
periodistas comentan sarcasticamente que hai tres tipos de materiais
xornalÃsticos: verdades, mentiras e estatÃsticas. E xusto dentro do último
grupo entra unha grande polémica que afecta aos medios de comunicación pois o
auditor de audiencias OJD vén de modificar o seu sistema de medicións, o que
tivo unha clara repercusión nos resultados
das páxinas web de Unedisa (como Marca.com e ElMundo.es) que incluso
reducindo o seu número de visitas e de páxinas vistas rexistraron un incremento
sen precedentes de usuarios únicos, que no caso da edición dixital de El Mundo foi
do 75,5%, superando os 19 millóns de usuarios, e para Marca.com foi do 85,92%
ata superar os 14 millóns de usuarios únicos.

- OJD certifica un impresionante incremento de usuarios de Marca.com cando na práctica ten unha importante baixada de visitas e páxinas vistas
Segundo parece, esta discrepancia está provocada polo feito de que as webs de
Unedisa empregan unha tecnoloxÃa distinta ao resto de páxinas auditadas, polo
que o
anuncio por parte de El Mundo dun incremento impresionante da súa audiencia na
Internet (definido por algúns coma «o
milagre da multiplicación do pan e dos usuarios únicos») resulta
rechamante (pois non parece corresponderse en absoluto coa realidade, aÃnda que
non podemos dubidar que é a cabeceira lÃder en España), pero o caso de
Marca.com é moito máis escandaloso, pois presume de case dobrar o seu número de
usuarios cando na práctica entre xaneiro e febreiro padeceu un descenso de máis
de 10 millóns de visitas e de 100.000 páxinas vistas.
Cómpre destacar que OJD só certifica as medicións, non as elabora, pois
actualmente emprega a ferramenta SiteCensus 5.3 de Nielsen en vez dunha
solución propia coma facÃan no pasado. Agora a dúbida está en se este sistema
de medición é máis preciso que o anterior, pero non hai dúbida de que os seus
resultados son escandalosamente diferentes.
Dende
OJD deféndense alegando que «estes
datos foron obxecto de medición e auditorÃa aplicando os mesmos protocolos e
procedementos para todos os medios electrónicos», pero era evidente que o
código das webs de Unedisa era diferente do resto, aÃnda que supomos que isto
se arranxará para os vindeiros meses, cando poderemos ver uns datos máis
consolidados, pero esta crise na credibilidade de OJD pode resultar moi
negativa para o sector (como tamén o é para outros medios o descrédito actual
do EGM).
