Política Lingüística convoca a edición 28 dos Premios de Publicidade en Galego
mércores, 1 de decembro do 2021- Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
O
Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral
de Política Lingüística volven xuntar forzas para recoñecer as
mellores contribucións á nosa lingua que se levaron a cabo este ano
en materia de mercadotecnia e promoción. Deste compromiso conxunto
xorden os Premios de Publicidade en Galego, que chegan xa á súa 28
edición distinguindo os esforzos das nosas empresas e entidades por
normalizar o uso da nosa lingua nas novas correntes da comunicación
comercial e do marketing. Distinguiranse os máis destacados
traballos en Internet, radio, TV, prensa tradicional e, tamén, no
ámbito educativo.
Uns
galardóns de periodicidade anual
A
Consellería
de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral
de Política Lingüística, convoca, con periodicidade anual, os
Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo concreto “de
promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en
cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística”.
Cinco
premios
Na
presente edición, o departamento de Política Lingüística que
dirixe Valentín Garcia establece cinco premios, un por cada unha das
seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio,
televisión, Internet, prensa escrita e un recoñecemento
extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros
educativos.
Para
cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse
dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que
resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa
anunciante como a axencia de publicidade.
Os
premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha
obra artística.
O
prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a
presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a
contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Portal
da Lingua (a web da Secretaría Xeral de Política Lingüística)
e rematará o 30 de decembro.