Políticos chineses súmanse á blogosfera
mércores, 29 de novembro do 2006
A censura chinesa na Internet é un motivo de polémica moi frecuente, polo que resulta rechamante que varios membros do Partido Comunista de Suqian (ó leste de China) estrearon blog como xeito de “achegar as discusión e as observacións de todos, admitir o control do público e manter unha canle de comunicación eficaz e libre entre os dirixentes e as masas” segundo declarou Zhang Shixin, que dende o seu blog fala sobre os problemas da convivencia (coma o costume de cuspir na rúa) e podería ser un exemplo de cambio nun país que se caracteriza por exercer unha forte vixilancia na Rede.
