Ponteareas elixe por votación no Facebook o emprazamento do seu novo parque deportivo

mércores, 10 de xaneiro do 2018 Redacción

Fachada da Casa do Concello de PonteareasO Concello de Ponteareas puxo en marcha unha votación en liña para atopar pola vía democrática e participativa o emprazamento máis indicado para os seus novos parques: o das novas modalidades deportivas calistenia e street workout. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Deportes que dirixe Benito Márquez, desenvolveuse a través dunha enquisa na rede social Facebook, onde a veciñanza puido amosar a súa opinión ao respecto do emprazamento máis idóneo desta nova área deportiva ao aire libre, impulsada, en palabras do Concello, “para cubrir unha demanda veciñal e ampliar a oferta de modalidades deportivas”.
Os usuarios e usuarias de Facebook valoraron como máis acaida, en primeiro lugar, a súa instalación no Parque Ferro-Ucha cun 32,1% dos votos, seguido do parque das Pombas cun 24,7, e, máis distanciado, no parque anexo ao complexo deportivo de Pardellas cun 14,8%.

PUBLICIDADE