Pontevedra acollerá un congreso sobre videoxogos e educación
venres, 17 de xuño do 2016
Entre os dÃas 25 e 28 de outubro está prevista a celebración
do IV Congreso Internacional
de Videoxogos e Educación (CIVE 2016) na Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación do Campus da Xunqueira en Pontevedra, onde abordaranse os catro
piares para a creación de videoxogos (o que fará o xogador, as mecánicas do
xogo, a estética e a tecnoloxÃa) dividÃndoos en cadansúa xornada do evento que
ten aberto o perÃodo de presentación de propostas para o Congreso ata o 30 de
xullo (comunicándose a súa aceptación antes do 30 de agosto) para o que propoñen
distintos eixes temáticos:
- Videoxogos na atención á diversidade
- Aprendizaxe lúdica
- Videoxogos e desenvolvemento das
intelixencias múltiples
- Videoxogos e arte: potenciación da
creatividade
- Comunidades de videoxogadores e
aprendizaxe
- Realidade Aumentada e mundos virtuais
- Aprendizaxe inmersivo e experiencial
con serious games
- Recursos dixitais lúdicos
- Ludificación ou gamificación na aula
- Videoxogos como fórmula de prevención
e abordaxe terapéutica
- Narrativa do videoxogo
- Videoxogos e hipermedia
- Creación e desenvolvemento de
videoxogos
- Videoxogos e redes sociais
- Saúde e videoxogos
- Videoxogos na educación, forma, non
formal e informal
Este encontro está promovido pola asociación de investigadores Alfas, e chegará
por primeira vez a Galicia tras pasar por Valencia, Cáceres e Buenos Aires.
De xeito paralelo ao congreso tamén terá lugar unha Game Jam,
na que grupos de ata catro persoas (das que como mÃnimo unha ten que ser un
estudante universitario) competirán na creación dun xogo para web e/ou
dispositivos móbiles dentro das temáticas propostas ao inicio da actividade.
