Premiada a web da Lei de Murphy da ConsellerÃa de Traballo
mércores, 22 de outubro do 2008
A campaña
publicitaria, Movemento contra a Lei de Murphy,
promovida pola ConsellarÃa de Traballo para sensibilizar aos alumnos de FP en
materia de prevención de riscos laborais, vén de gañar a décimo quinta edición
dos Premios de Publicidade en Galego
que outorga o Consello Asesor de RTVE-G, na modalidade de Mellor Campaña en Internet.
O proxecto
informativo do organismo da Xunta, que foi seleccionado entre máis de 100
traballos de comunicación publicitaria que se emitiron ao longo do pasado ano
en Galicia e en galego, aÃnda está operativo na Rede e pódese visitar a través desta ligazón. Trátase dunha páxina web
na que o internauta, entre outras cousas, pode desafiar a Lei de Murphy xogando
en liña dende o propio ordenador ou ben descargando o xogo vÃa bluetooth no
móbil.
O Movemento contra a Lei de Murphy oponse
a que as coñecidas leis de Murphy sexan válidas no lugar de traballo. A
campaña, que xa resultou finalista nos premios Eganet deste ano dentro da
modalidade Mellor Campaña Publicitaria
Online 07, xorde dunha intención clara por comunicar co público
adolescente, ao que se chega a través da rebeldÃa, a estética combativa e a
linguaxe contestataria como xeito de máxima eficacia.
Cun plan de medios
que incluÃu televisión, radio, publicidade exterior ou eventos especiais nos
centros de ensino, a campaña contou coa ferramenta Internet como centro
principal de comunicación co público novo, lanzando unha mensaxe de esperanza á
hora de evitar os riscos innecesarios no lugar de traballo dos máis novos.
Ao acto de entrega
de premios, que se celebrará o mañá xoves, dÃa 23, ás 18,00 h. na Facultade de
Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, acudirán a subdirectora xeral
de Traballo, MarÃa Coutinho, e o director de La Nuestra Comunicación Publicitaria, axencia creadora da campaña, Alejandro Vázquez.

