Preparan un remake de Prince of Persia para Xbox Live

mércores, 16 de maio do 2007 Marcus Fernández

En 1989 os ordenadores Apple II estrearon o xogo Prince of Persia, que logo chegaría a equipos Amiga, Atari ST e PC, adaptándose en 1992 para distintas consolas de videoxogos, e que continuaría a ter versións e secuelas co paso do tempo, chegando incluso a teléfonos móbiles nos últimos anos, polo que sería un dos xogos cunha vida comercial máis longa e exitosa que se coñece, e que rexurdirá agora para a plataforma Xbox Live Arcade, de xeito que os usuarios de Xbox 360 poderán gozar non dunha versión emulada do vello xogo, senón dun auténtico remake, ou sexa, unha versión remozada que conservará o mesmo espírito (e mesmo o deseño dos seus niveis) pero cuns gráficos impresionantes, unha xogabilidade mellorada e un nivel de dificultade un tanto relaxada (o xogo orixinal era esaxeradamente duro de superar).
As novas entregas do Prince of Persia destacaban polas espectaculares animacións e os gráficos tridimensionais, de aí que resulte bastante orixinal que se retorne ó xogo orixinal conservando a aparencia 2D, o que agradecerán os nostálxicos deste clásico.
O aspecto final do xogo resulta moi convincente:

PUBLICIDADE