Preparan un xogo RPG para a vella consola Megadrive

venres, 18 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Que en febreiro de 2007 lanzasen un xogo para a desaparecida consola Dreamcast de Sega era unha sorpresa, resulta moito máis abraiante que un grupo de programadores estean a traballar nun xogo para Megadrive (consola con xa 20 anos de idade). Pier Solar and the Great Architects é un título dentro do xénero RPG e a súa produción responde ó interese de 9 persoas fixas que contan con outros colaboradores puntuais.
O xogo procurará estar rematado en 2008, e en breve publicarán unha demo, aínda que polo momento podémonos conformar con ver o trailer dun título prometedor para tódolos que queiran lembrar os tempos da consola de 16 bits de Sega ou os xogos deste xénero, que aínda que son moi populares no Xapón, en occidente teñen pouca presenza.


Trailer do Pier Solar

PUBLICIDADE