Preparan unha colección de máquinas recreativas mini a prezo axustado
venres, 27 de xullo do 2018
AÃnda
que agora é posible gozar de videoxogos de grande calidade no fogar, houbo un
tempo no que a experiencia estaba limitada a salas de videoxogos, polo que o
soño de moitos era poder contar cunha máquina recreativa na casa, e atendendo a
ese nostálxico desexo, Arcade1Up está
a preparar o lanzamento, inicialmente en EE.UU. e Canadá (aÃnda que prevén
mellorar a súa distribución internacional) dunhas curiosas máquinas recreativas
que de seguro que van namorar a moitos.
Estas novas máquinas recreativas chegan en varios modelos xa que o seu
fabricante optou por presentalas dun xeito bastante fiel ás orixinais, de xeito
que teremos varios mobles decorados cos deseños das máquinas orixinais (para o
que adquiriron a licenza oficial) e cos mandos de xogo que corresponde a cada
selección de xogos (de xeito que haberá mobles con 1, 2 ou 3 mandos e incluso
un con trackball).
Pero eses produtos, para poder comercializarse para o ámbito
doméstico, tiveron que adaptarse, e asÃ, as máquinas veñen nunha proporción de 3/4,
facilitando asà que poidan correr nun apartamento moderno (vendendo tamén un
accesorio para incrementar a súa altura) e a súa pantalla, en vez de ser unha
grande pantalla de tubo de raios catódicos, será un monitor LCD de 17 polgadas.
Inicialmente son 5 os modelos de máquinas recreativas clásicas que porán á
venda a finais do mes de setembro, cun prezo recomendado de 399 dólares (343
euros), aÃnda que actualmente en Walmart están a aceptar reservas por 299
dólares (257 euros), un prezo máis que asumible, que de seguro que vai impulsar
enormemente as vendas para un produto que pode converterse nun agasallo ideal para
moitos nostálxicos.
As máquinas iniciais serán 5 con distintos xogos integrados:
- Street
Fighter II (inclúe 2 mandos arcade e 3 versións do clásico xogo de
loita de Capcom)
- Rampage
(con 3 mandos arcade e os xogos Rampage,
Gauntlet, Joust e Defender).
- Asteroids
(con mandos propios da creativa orixinal, que carecÃa de pancas de xogo, e cos
tÃtulos Asteroids, Major Havoc, Lunar Lander e Tempest)
- Centipede
(cun trackball en vez dunha panca de xogo para o seu control, e cos xogos Centipede, Millipede, Missile Command
e Crystal Castles)
- Galaga
(cun único mando arcade e os xogos Galaga
e Galaxian)
Confiemos en que este tipo de máquinas cheguen a Europa, xa que en plena febre
das consolas mini é bastante probable
que algúns consumidores sen problemas de espazo sucumban tamén ante as
recreativas mini, especialmente se o
prezo é tan axustado como parece (estando moi preto do que custa unha consola
de videoxogos da presente xeración).

- A recreativa de Centipede presenta o seu icónico trackball, método de control empregado por moito poucos outros xogos (como os integrados na mesma máquina)

- Para poder gozar de certos clásicos multixogador a recreativa de Rampage inclúe 3 mandos
