Presentan en Portugal o certame Curtas na Rede
mércores, 5 de marzo do 2008

- MarÃa Geraldes, Mª Dolores RodrÃguez Amoroso, Carlos Abrunhosa de Brito, Pablo Penedo e Manuel José Fernández Iglesias na presentación de Curtas na Rede
A SecretarÃa Xeral de Comunicación (a través da Dirección Xeral de
Comunicación Audiovisual) e o Consello
da Xuventude de Galicia presentaron en Porto a terceira edición do concurso
Curtas na Rede, que rematará
o 29 de outubro e que nesta convocatorio contará con novas e atractivas
modalidades que se amosaron á mocidade portuguesa na Fundaçao da Juventude.
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias,
destacou «a
consolidación» do certame de
curtametraxes e animou á participación
nesta terceira edición. Fernández Iglesias estivo acompañado pola
presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores RodrÃguez Amoroso, o
presidente do Consello de Administración da Fundaçao da Juventude de Portugal,
Carlos Abrunhosa de Brito, e o participante en anteriores edicións do concurso,
Pablo Penedo. No acto tamén participou a directora da Fundaçao, MarÃa Geraldes.
O director xeral destacou que a incorporación do Eixo Atlántico grazas
á colaboración da Fundaçao da Juventude, supón «o establecemento dunha ponte dixital con
Portugal», mentres que
a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia subliñou a «xenerosa acollida» do paÃs veciño.
Curtas na Rede é un concurso dirixido a persoas a partir dos 15 anos,
interesadas na creación audiovisual e multimedia, que poden presentar as súas obras a
través da Internet entre o 14 de febreiro e o 8 de setembro, optando asà a
atractivos premios.
