Preséntase no D6 o Guitar Hero World Tour
mércores, 28 de maio do 2008

- O propio Tony Hawk (á guitarra) participou na demostración do novo Guitar Hero
No congreso D6
organizado polo The Wall Street Journal fixo acto de presenza Bobby
Kotick, de Activision (selo responsable de sagas como a de Call of Duty, Tony Hawk ou Guitar Hero),
quen aproveitou a ocasión para comentar distintos detalles da actualidade do
sector dos videoxogos, pero que destacou por empregar o evento para facer unha
especie de concurso-presentación do Guitar
Hero World Tour no que a cantante Paula Abdul formaba parte do xurado e
entre os participantes se atopaba o patinador Tony Hawk.
AsÃ, os asistentes puideron ver como será unha partida da futura entrega de Guitar Hero, sorprendendo pola boa
aparencia da baterÃa e a renovada aparencia da guitarra eléctrica. A posta en
escena foi realmente magnÃfica, o que supón unha boa publicidade deste xogo que
aÃnda se fará esperar, xa que antes chegará ao mercado o Guitar Hero Aerosmith.
Demostración do novo Guitar Hero durante o D6
Esta presentación en sociedade do Guitar
Hero World Tour coincide co lanzamento dun anuncio a xeito de demo do que
será o Guitar Hero: On Tour para
Nintendo DS, o que sorprendentemente causou bastante rebumbio porque moitas
persoas consideran que tal vÃdeo é nefasto, aÃnda que outros o
entenden como unha homenaxe a certos anuncios televisivos que se facÃan nos
anos 80.
No anuncio de On Tour podemos
ver detalladamente cómo é o xogo, dende o seu manexo ata os ataques
que se poden empregar no modo competitivo, pero a aparición do cantante Scott
Weiland (de Stone Temple Pilots e Velvet Revolver) ambientando musicalmente as
explicacións dun xeito moi ridÃculo (que se pode entender con humor) espertou
moitas crÃticas, pero o certo é que o clip está a cumprir coa súa misión, pois
está dando a coñecer o funcionamento do xogo e acadando publicidade gratuÃta
pola polémica suscitada.
Para opinar, o mellor é ver o vÃdeo, que garante uns minutos de diversión:
Presentación de Guitar Hero: On Tour
