Preto de 3 millóns de españois realizan apostas a través da Rede
martes, 17 de outubro do 2006
A Rede é xa un territorio sen lei para a realización de apostas que conta cuns 3 millóns de seguidores en España e que se amparan nun baleiro lexislativo, posto que o xogo na Internet non está regulado en España, polo que a Asociación Española de Apostadores Deportivos por Internet (AEDAPI) reclama un regulamento claro na materia que permita situar a este tipo de casas de apostas ó mesmo nivel que os establecementos tradicionais.
AEDAPI estima que o seu negocio move uns 255 millóns de euros ó ano e que xera uns investimentos promocionais en medios de máis de 33 millóns de euros (o que se ve claramente nas retransmisións deportivas, chegando incluso a patrocinar a equipos de fútbol).
Ademais, a ausencia de lexislación provoca que as empresas que operan en España non existan legalmente aquÃ, senón que radiquen os seus servidores e sedes en paÃses onde si é posible (tanto en paraÃsos fiscais centroamericanos como en paÃses coma Reino Unido, Finlandia ou Malta) o que tamén produce unha evasión de impostos que en casos coma o norteamericano foi o que levou á prohibición absoluta deste tipo de prácticas, posto que estimaban que os 12.000 millóns de dólares que moven as apostas na Rede en norteamérica deberÃan tributar uns 900 millóns de dólares. Este argumento ten asà un dobre gume: a prohibición evitarÃa a foxa de capital e a legalización achegarÃa novos ingresos ó Estado.
Os partidarios da legalización do xogo en liña tamén sosteñen que se poderÃan establecer medidas coma un rexistro de usuarios para evitar a entrada de ludópatas (como acontece coas casas de apostas tradicionais).
AÃnda que o fútbol segue a ser o rei das apostas españolas, actualmente se pode apostar a case todo, dende deportes como a pelota vasca ata ós resultados electorais ou ós gañadores de Operación Triunfo.
