Prime Gaming ofrece en xaneiro o clásico BioShock 2

xoves, 9 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Amazon está a actualizar a listaxe de xogos que ofrecerá aos seus subscritores Prime sen custo adicional no mes de xaneiro, entre os que figuran Eastern Exorcist, The Bridge, Spirit Mancer, SkyDrift Infinity, GRIP, SteamWorld Quest: Hand of Gilgamech, Are You Smarter Than A 5th Grader, Deus Ex GOTY Edition, To The Rescue!, Star Stuff, Spitlings, Zombie Army 4: Dead War, ENDER LILIES: Quietus of the Knights, Blood West e Super Meat Boy Forever, xunto a un título que podemos considerar todo un referente, e que de seguro que se recibirá con moito agrado por moreas de xogadores: BioShock 2 Remastered.
Trátase dunha revisión do clásico xogo de ciencia ficción en primeira persoa que contribuíu á consolidación de BioShock como unha grande franquía, e que desta volta mellorou a resolución das súas texturas e modelos, así como os deseños da súa interface, chegando incluso a soportar resolucións 4K, facilitando así o seu goce en equipos modernos.
Tamén ofrecen, a maiores, a posibilidade de gozar dos xogos Guacamelee! 2 Complete, Metro Exodus, Super Meat Boy, Airhead, The Magical Mixture Mill, Fallout 3: Game of the Year Edition, Fallout New Vegas: Ultimate Edition, Fortnite, LEGO Fortnite, Rocket Racing, Fortnite Festival, Fortnite Battle Royale e Trackmania a través do servizo de xogo en streaming Amazon Luna.