UFC 5 e Prince of Persia: The Lost Crown destacan entre os novos xogos de PlayStation Plus
mércores, 12 de marzo do 2025
O catálogo de xogos de PlayStatation Plus en marzo vai recibir interesantes novidades, como o xogo de artes marciais mixtas UFC 5 para PlayStation 5 (que destaca pola fidelidade coa que reflicte o deporte de contacto de moda), o refrescante Prince of Persia: The Lost Crown para PS4 e PS5 (tÃtulo moi ben recibido pola crÃtica, que supuxo unha orixinal aproximación á clásica franquÃa de Ubisoft), o xogo de fútbol Captain Tsubasa: Rise of New Champions para PS4 (que volve ao universo de Campeones, a serie de televisión de Óliver e Benji), Mobile Suit Gundam Battle Operation Code Fairy para PS4 e PS5, Arcade Paradise para PS4 e PS5 (que nos convida a construÃr o noso propio salón de máquinas recreativas), Bang-On Balls: Chronicles para PS4 e PS5, You Suck at Parking para PS4 e PS5 e Syberia – The World Before para PS4 e PS5.
Falamos do xogos que chegan para os subscritores Extra e Premium, pero algúns tÃtulos serán exclusivos para os Premium de PS Plus, como Arcade Paradise VR para PS VR2, Armored Core para PS4 e PS5, Armored Core: Project Phantasma para PS4 e PS5 e Armored Core: Master of Arena para PS4 e PS5, sendo estes tres últimos xogos integrantes dunha serie de tÃtulos de grande éxito para a PlayStation orixinal.