Problemas de acceso a YouTube dende as liñas de ADSL de Telefónica

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Dende o pasado venres milleiros de usuarios de liñas de ADSL de Telefónica (tanto con servizo directo coma indirecto) manifestaron problemas no acceso a YouTube, pese a que os usuarios doutras operadoras non teñen dificultade para acceder ao portal de vídeos de Google, polo que dende distintas webs instaban aos usuarios a utilizar un proxy para evitar o problema transitoriamente (ou incluso utilizar un servidor de DNS alternativo), que parece estar provocado por un fallo de encamiñamento de paquetes da rede de Telefónica pese a que a propia operadora asegura que o fallo é culpa de Google.
Este luns algúns usuarios continúan a ter problemas para acceder a YouTube, aínda que co problema claramente minimizado.