Prohiben o videoxogo Manhunt 2 no Reino Unido

mércores, 20 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A primeiros de xullo chegará ás tendas españolas o xogo Manhunt 2 de Take-Two Interactive, que estará recomendado para maiores de 18 anos, pero que no Reino Unido non chegará ós estantes das tendas porque a British Board of Film Classification decidiu que o xogo non era apto para a súa venda por ser “un foto imparable de sadismo e asasinatos brutais”.


Trailer do polémico videoxogo

Así, o xogo protagonizado por un personaxe fugado dun manicomio será o primeiro que se censure no Reino Unido dende 1997, cando Carmageddon correu a mesma sorte, aínda que o xogo de carreiras automobilísticas no que se podía atropelar peóns acabou comercializándose tras unha apelación, algo que tamén podería repetirse, pois Take-Two aínda pode apelar a decisión da BBFC.

PUBLICIDADE