Proposta de casamento en Halo 3

xoves, 15 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A primeiros de mes o xogo Halo 3 serviu para que o xogador Moviesign, botando unha partida con varios amigos entre os que se atopaba a súa moza Furtive Penguin, levase á súa compañeira ata un lugar onde supostamente estaría unha espada de enerxía e no que realmente había unha serie de armas colocadas de xeito que formaban a pregunta «Marry Me?», ou sexa, «¿queres casar comigo?». Estariamos ante a primeira proposta de matrimonio no xogo en rede de máis éxito para Xbox 360 e a parella que actualmente vive en Chicago aínda no puxo data ó seu enlace, aínda que a moza asegurou que están «agardando para ver cal é a data de lanzamento do vindeiro xogo de Halo» para evitar conflitos.