Publican a listaxe de Xogos con Gold do mes de xullo

martes, 27 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Os subscritores de Xbox LIVE Gold recibirán durante o mes de xullo unha interesante selección de xogos para a súa colección, que comezarán por un xogo moi carismático, Grow Up, no que tomaremos o rol de BUD, un robot que ten que percorrer un planeta alieníxena na procura das pezas que permitirán reconstruír a súa nave. Este xogo de Xbox One estará dispoñible a partires do 1 de xullo, mentres que o xogo que de Xbox One que chegará na segunda metade do mes será o descoñecido Runbow, que permite competir a até 9 xogadores á vez.
O nivel dos xogos si que se eleva considerablemente cando miramos os títulos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One), que parten do xogo de acción Kane & Lynch 2, todo un shooter que poderemos gozar tanto en solitario como en compañía dun amigo a través de Xbox LIVE; e na segunda metade do mes o xogo dispoñible será LEGO Piratas del Caribe: El Videojuego, unha aventura clásica de figuras de LEGO que permitirán revivir escenas das primeiras películas de Piratas del Caribe e da súa cuarta entrega (En Mareas Misteriosas).

Vídeo no que dan conta dos xogos que recibirán os usuarios Gold en xullo

PUBLICIDADE