Publican os resultados da III Enquisa a Blogueiros
mércores, 20 de febreiro do 2008

- A meirande parte dos blogues consultados son autobiográficos
O número 76 da revista Diálogos de la Comunicación
(correspondente ós meses de xaneiro-abril de 2008) publica os resultados da III
Enquisa a Blogueiros elaborada, entre outros, polo
galego Fernando
Garrido e a profesora da Universidade Carlos III de Madrid, TÃscar Lara,
que debuxa o perfil do blogueiro hispano, definido coma un home (73%), mozo (o
51% ten entre 20 e 30 anos), con estudos universitarios (70%) e con máis de 5
anos de experiencia na Red (76%).
Esta nova entrega da enquisa procurou seguir os pasos de pasadas edicións,
aÃnda que facendo máis rigorosa a súa metodoloxÃa, contando cunha plataforma
tecnolóxica achegada pola empresa Netquest.

- Blogger predomina entre as plataformas de publicación de blogs
No tocante á procedencia dos consultados, a meirande parte son de España (46%),
seguidos por México (14%), Arxentina (9%) e Chile (8%). Entre os blogs destaca
a temática autobiográfica, que supera ó resto tanto na lectura como na
escritura, seguida por Medios e Xornalismo, TecnoloxÃa e Humor.
Os blogueiros tamén dedican bastante tempo ás súas bitácoras (a metade dos
consultados emprega 1 hora ou máis ó dÃa ó seu blogue) aÃnda que o 42% admiten
que teñen abandoado o seu espazo virtual temporalmente.
Sobre a opción tecnolóxica elixida, máis da metade dos blogueiros empregan
Blogger como plataforma de publicación, e no caso español ata o 34% conta cun
dominio de Internet de seu.
En conclusión, a enquisa presenta un achegamento ó perfil do blogueiro hispano,
pero aÃnda conta con certas eivas, como a dificultade de estimar o sexo dos
blogueiros (uns estudos falan dun 75% de homes, mentres que outros falan dun
54% de mulleres), agardándose que co tempo se vai pulindo o sistema para que
permita a súa continuidade e contraste entre os datos recollidos en cada edición.
