Purple Violets será a primeira pelÃcula estreada directamente en iTunes
mércores, 7 de novembro do 2007

- Selma Blair e Patrick Willson nunha escena da pelÃcula
O director Ed Burns estreará o vindeiro dÃa 20 a súa pelÃcula Purple Violets, pero en vez de
verse nas pantallas dos cines, chegará directamente a iTunes, a tenda en liña de Apple. A pelÃcula venderase a
14 dólares, de xeito que os interesados en ver esta comedia a poderán descargar
no seu ordenador sen ter que acudir ás canles de distribución tradicionais.
Con este curioso lanzamento, a pelÃcula independente pode chegar ó público sen
contar co apoio das grandes produtoras de Hollywood, aÃnda que lle resultará
complicado recuperar os 4 millóns de dólares
que custou a peza audiovisual, pero fai posible a estrea dunha obra que
doutro xeito non chegarÃa ó mercado.
A comercialización a través de iTunes poderÃa considerarse unha estrea de
verdade que non rivalizarÃa coa súa explotación en DVD no futuro, xa que a
xente aÃnda non está afeita a ver vÃdeos descargados no televisor, de xeito que
o máis habitual é velos no ordenador ou nun iPod, de xeito que poderÃa ser un
interesante xeito de aproveitar a plataforma de Apple coma promoción do filme
protagonizado por Debra Messing, Selma Blair e Patrick Wilson.
