Quake III rexurdirá coma xogo vía web

mércores, 27 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Hai pouco máis de 8 anos Quake III era un dos xogos de acción en primeira persoa máis populares, e agora están a converter tal desenvolvemento en Quake Live, que será un título multixogador que funcionará directamente dende os navegadores de Internet e que estará patrocinado por anuncios grazas a un acordo con IGA Wordwide.
O novo xogo estará accesible en exclusiva a través da súa páxina web, permitindo tamén relacionarnos cos nosos amigos e participar en eventos e competicións, así como conformar clans.
Ata o momento non se determinou a data de lanzamento do novo título, pero xa está aberta a inscrición na súa fase de probas.

PUBLICIDADE