Queplaya.es nos permite localizar as praias españolas
mércores, 18 de xuño do 2008
- As fotografÃas complementan a información sobre as praias
Nicenova Consulting achegounos en setembro
Qué
Tiempo, servizo que nos presentaba información meteorolóxica sobre
mapas de Google; en abril estrearon unha ferramenta semellante, Gasofa.es, que nos
informa dos prezos do carburante, os centros para pasar a ITV e os radares
fixos da DGT en España; e coa chegada do verán nos queren facer máis doado
atopar areais onde pasar a tarde e gozar do mar, polo que rexistran sobre o
mapa 1.929 praias de España.
Queplaya.es nos permite localizar
praias por toda a costa española, incluÃndo información das mesmas (como se
contan co distintivo de bandeira azul ou o seu grao de ocupación) e incluso
presentando distintas fotografÃas dos enclaves, polo que resulta moi útil para
descubrir novas praias durante os dÃas de verán.
Os lugares de interese
(museos restaurantes, campings...) próximos ás praias tamén aparecen no mapa, e
para redondear o servizo permite consultar o vento e as ondas (algo moi útil
para surfeiros e afeccionados a deportes de vela) ou localizar praias nudistas.
En definitiva, unha web de grande utilidade para os vindeiros meses.