Quora abre ao público a súa versión en español
xoves, 20 de outubro do 2016
O servizo social de preguntas e respostas Quora, no que os
usuarios poden comentar a valorar as respostas, leva más de 6 anos
converténdose en todo un fenómeno que tiña como principal atranco o
lingüÃstico, de xeito que incluso chegou a haber unha forte polémica despois de
que os responsables do servizo rexeitasen os contidos noutras linguas (cando a
plataforma poderÃa ser independente do idioma dos seus contidos, como acontece
na meirande parte das plataformas sociais), pero agora van camiño de abrirse
algo máis, a tras varios meses en probas abriron onte Quora
en España a todo o mundo, de xeito que calquera pode acudir a
esta páxina web para obter información de calidade sobre os temas que lle
interese e incluso propor cuestións sobre as que abrir o debate.
A misión de Quora é compartir e ampliar o coñecemento do mundo, estando o
proxecto en constante crecemento e contando actualmente con máis de 100 millóns
de usuarios únicos ao mes, volume que poderÃa incrementarse considerablemente
ao abrir ao hispanofalantes que teñen asà un novo lugar para discutir sobre
temas de actualidade, reflexionar sobre temas de interese ou incluso realizar
recomendacións sobre produtos e servizos.
- En Quora podemos expor cuestións e votar as respostas máis valiosas para que os comentarios resulten de maior utilidade