R chega ás 30.000 liñas de móbil en menos dun ano

mércores, 26 de novembro do 2008

O servizo de telefonía móbil do operador galego do cable R acadou a cifra de 30.000 liñas entre particulares (25.000) e empresas (5.000) que decidiron contratar este servizo, agardándose o peche do ano cunhas 36.000 liñas de telefonía móbil, que corresponderían principalmente a usuarios que xa contan con algún outro servizo con R, e que buscan as vantaxes da contratación conxunta.
Os clientes tamén optan por conservar o seu número de teléfono anterior, de xeito que no último mes o 73% das liñas de móbil activadas corresponden a portabilidades.

PUBLICIDADE