R chega esta semana a Betanzos e As Pontes coa súa caravana Airstream

luns, 1 de xuño do 2026 S. P.

A caravana aAirstream de R estará esta semana en Betanzos e As Pontes, do martes 2 ao venres 5 de xuño. Nestas vilas o público poderá coñecer, por exemplo, o servizo de Internet rural de R (banda larga con 5G en zonas de acceso difícil) ou o servizo Cachocobertura R para interiores con mala conectividade, entre outras novidades do seu catálogo.
En palabras da operadora galega, “a caravana de R é máis do que un vehículo en ruta por Galicia cunha oficina móbil e unha proposta divertida, é unha campaña de proximidade que aposta polo contacto directo coas persoas e que deixará pegada logo de cada parada porque ofrece interacción, diversión e servizos avanzados”.
A empresa de telecomunicacións púxose en ruta a semana pasada para chegar primeiramente ás localidades coruñesas de Ortigueira e Cariño. Como dixemos, dende este martes e ata o venres 5 de xuño recalará coa súa caravana airstream en Betanzos e As Pontes e retomará de seguido o seu periplo ata finais de mes para dirixirse a Celanova, Ribadavia, Barbadás, Caldas, Ordes, Arzúa, Melide, A Estrada e Cambados.
O interior da caravana servirá tamén para amosar dispositivos do fabricante vivo, socio tecnolóxico da acción, cunha oferta especial dispoñible unicamente durante a ruta e xestionada desde o propio vehículo.
A proposta incluirá distintas actividades promocionais, como xogos cunha máquina de aire que permitirá conseguir premios directos e participar no sorteo dun smartwatch de Vivo. Ademais, haberá concursos en redes sociais para anticipar as seguintes paradas da caravana e xerar expectación arredor do percorrido.