R ofrecerá Gol TV aos seus clientes de televisión de pago
venres, 21 de agosto do 2009
Como era
previsible, o operador galego de cable R
anunciou que incorpora a súa oferta de televisión de pago a canle Gol
Televisión, de xeito que os seus clientes que teñan contratado os
paquetes que inclúen televisión de pago (comboR e combo2) poden subscribirse
adicionalmente á canle deportiva por 14,9 euros + IVE ao mes.
A contratación de Gol TV non precisará de alta, pero o seu perÃodo de
contratación mÃnimo será ata o 30 de xullo de 2010 (en caso de baixa anticipada
haberÃa que facer fronte a unha penalización de 45 euros + IVE), condicións que
entendemos que serán parellas ás de outras plataformas que tamén
ofertan a canle que devolve a TDT de pago a España rodeada
de certa polémica sobre a
improvisación da media.
Gol TV ofrecerá aos seus
subscritores 3 partidos de fútbol por xornada de Primeira División
(un dos mesmos do Real Madrid ou do F.C. Barcelona), 76 partidos por tempada de
Segunda División, 84 partidos por tempada da Champions League, os partidos
preparatorios para o Mundial de Fútbol de 2010, distintas ligas internacionais
e, aÃnda que pareza un tanto rechamante, tamén emitirán Eurobasket.
