R ofrecerá os Xogos Olímpicos a través de Eurosport

xoves, 6 de xuño do 2024 Redacción

Entre os días 26 de xullo e 11 de agosto celebraranse os Xogos Olímpicos de París 2024, e grazas á cobertura que realizará Eurosport, os clientes de Ocio e Total TV de R poderán gozar da maior cita deportiva do ano sen custo adicional. Para facilitar o seguimento completo do evento habilitaranse novas canles de Eurosport.
Durante a celebración das olimpíadas estará dispoñible a canle Eurosport 4K, que actualmente ofrece o Roland-Garros, permitindo así que os consumidores poidan gozar dos Xogos en ultra alta definición.
Esta edición dos Xogos Olímpicos conta con 32 deportes nos que compiten máis de 10 mil atletas de máis de 200 países que competirán polas medallas que repartirán en 306 probas.