RTVE achega a Premier League a través da Internet

luns, 1 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A división de Medios Interactivos de RTVE estreou a pasada fin de semana a web Los vídeos de la Premier, dende a que se poden seguir en directo os partidos da Premier League e mesmo ver os resumos de tódolos encontros, os gales e as mellores xogadas da liga inglesa de fútbol.
Os afeccionados ó fútbol inglés terán así unha web de referencia que complementa ó seguimento que se fai da liga británica dende La 2 e Teledeporte, coa vantaxe de poder acceder ós contidos en diferido, amosando máis detalles para a súa visualización tralos encontros, coma son análises, novas e comentarios da man de José Manuel Díaz, que é quen pon voz as retransmisións dos encontros (xunto con Marcelino Elena) e que vén de estrear o blog La Voz de la Premier.
O servizo de retransmisión de vídeos na nova web de RTVE está subministrado por Kewengo, e por desgraza non permite a súa integración noutras páxinas web, de xeito que para acceder ós contidos futbolísticos haberá que acceder en exclusiva a mencionada páxina web.