RTVE estrea a súa nova páxina web, que destaca pola súa canle de novas
martes, 20 de maio do 2008

- Os presentadores dos informativos de TVE durante a presentación da nova web
Radio
Televisión Española estreou hoxe a súa nova
páxina web, que xa levaba un tempo en probas,
e que destaca
por incorporar unha gran canle de novas, asà como permitir o acceso
á carta da programación de televisión e radio do ente público.
A nova web permite o acceso en directo a Canal 24 Horas de TVE e a Radio 1,
Radio 2, Radio 3, Radio 4, Radio 5, Radio Clásica e Radio Exterior, aÃnda que o
acceso á carta dos programas de televisión dos últimos 7 dÃas, asà como á
moitos programas de radio (dos que algún xa contaba dende hai tempo con
podcast), melloran a dispoñibilidade dos contidos creados por RTVE.
|
|
O presidente da Corporación de RTVE, Luis Fernández, asegurou que o ente «dá outro paso na dirección que queremos, a dos novos
tempos (..) Este é un medio dunha Corporación pública e que nos fai máis
Corporación e tamén máis públicos. Este medio está no eixe do que queremos ser».
Para dar vida a este novo medio un equipo de 70 profesionais (dos que 40 son
xornalistas) cubrirán en quendas as 24 horas do dÃa, co que RTVE se intenta pór
á altura das grandes televisións públicas en Europa.
Queda claro asà que o portal do ente non busca ser só unha porta aos contidos
emitidos por radio e televisión, senón que quere ser unha nova canle para
chegar á audiencia, polo que a sección de
novas cobra unha especial relevancia, xa que pretende ser a fiestra ao
mundo para os españois, asà como unha fiestra sobre España para o resto do
mundo.
As novas publicadas poden seguirse mediante texto, imaxes, audio e vÃdeo, polo
que os usuarios poden elixir o formato no que queren consumir a información.
Tamén se inclúe os informativos emitidos por televisión no seu formato Ãntegro
e nunha versión
reducida de 4 minutos.
Os servizos iniciados con anterioridade, coma podcasts e blogs, continuarán a
potenciarse, pero haberá outras novidades importantes nos vindeiros meses, pois
se irán incorporando contidos audiovisuais á web para permitir o acceso público
aos arquivos de TVE, de xeito que se poderán rememorar capÃtulos de series mÃticas ou outros contidos
históricos que poden resultar de grande interese e utilidade.
Non esquecen Eurovisión

- A web de RTVE facilÃtanos convidar a amigos para celebrar a participación de Rodolfo Chikilicuatre no Festival de Eurovisión
E o portal de RTVE
non deixa de lado o fenómeno creado por Rodolfo Chikilicuatre, e dende a web oficial de Eurovisión 2008
invitan a acceder a un kit
completo (e de balde) para decorar os fogares españois de cara á
retransmisión do certame no que o Chiki
Chiki deberá baterse con temas musicais de toda Europa.
O kit inclúe transfers para facer camisetas, formularios para facer porras/quinielas
eurovisivas, bandeiriñas para os
canapés, recortables co tupé, as lentes e a careta do Chikilicuatre, euroguirnaldas, carteis e o himno da
Chikifesta.
Destaca a posibilidade de elaborar unha
Chikiinvitación para animar aos nosos amigos a participar nunha chikifesta o dÃa 24 pola noite. A
invitación, personalizada coa nosa cara, tamén presenta a Rodolfo Chikilicuatre
explicando cómo se vai o Chiki Chiki.
