RTVE estreará cun portal multimedia informativo en primavera

xoves, 10 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os presentadores dos informativos de TVE durante a presentación da súa nova imaxe

Javier Pons, director de Televisión Española; Fran Llorente, director dos Servizos Informativos; e Rosalía Lloret, director da iRTVE-Medios Interactivos, presentaron a nova imaxe dos Telediarios, Los Desayunos de TVE e La 2 Noticias, coa vista posta nos comicios electorais do vindeiro 9 de marzo, para o que non só procurarán dar unha boa cobertura informativa, senón que tamén perseguirán a organización dun grande debate con representantes dos 6 principais partidos políticos e un cara a cara cos dous aspirantes á presidencia do Goberno.

Ver video de vacio


Presentación da nova imaxe dos informativos de TVE

O ente tamén traballará por corrixir a súa pouca presenza na Internet, de xeito que de cara á primavera lanzarán un grande portal de información multimedia. Rosalía Lloret declarou que así se superará «unha materia pendente que tiña esta casa» e lembrou que o xeito de ver a televisión e oír a radio «están evolucionando» e o público quere poder facelo «en calquera momento».
Aínda que o novo portal está previsto para a primavera, as eleccións marcarán o arranque deste espazo virtual, que proporá ós partidos a posibilidade de realizar entrevistas electorais baseadas en preguntas formuladas polos cidadáns a través da Rede e que se poderán ver a través de La 2 Noticias.
Para a renovación de rtve.es precisarán duns 120 traballadores, dos que a metade serían xornalistas.