Radio Futura estará presente en Guitar Hero World Tour

martes, 26 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Se ben en Guitar Hero III era posible facerse co tema Avalancha de Héroes del Silencio, a listaxe de temas musicais da nova entrega desta saga, Guitar Hero World Tour sorpréndenos ao incorporar o tema Escuela de Calor de Radio Futura, polo que continúa a música española a aparecer nos xogos musicais de máis éxito da actualidade.
Radio Futura é un grupo desaparecido en 1992, pero foi realmente importante no seu tempo, especialmente pola figura do seu líder, Santiago Auserón, ao que coñece toda unha xeración de cativos grazas ás súas aparicións en La bola de cristal. Nos seus 12 anos de vida a banda conseguiu o éxito con temas coma Semilla Negra, No tocarte, El tonto Simón, La negra flor, Annabel Lee, Corazón de tiza ou Veneno en la piel.
O lanzamento do novo xogo agárdase para o 28 de outubro, e terá versión para Xbox 360, PS3, PS2, Wii e PC, sendo a primeira entrega de Guitar Hero que permitirá facer o uso da batería e do micrófono (seguindo os pasos de Rock Band).
A listaxe completa de cancións sería a seguinte:
- Airbourne - Too Much Too young…
- Anouk - Good God
- At the Drive-in - One Armed Scissor
- Beastie Boys - No Sleep ’till Brooklyn
- Beatsteaks - Hail to the Freaks
- Billy Idol - Rebel Yell
- Blink 182 - Dammit
- Blondie - One Way or Another
- BLS - Stillborn
- Bob Seger - Hollywood Nights
- Bon Jovi - Livin on a prayer
- BRMC - Weapon of Choice
- CCR - Up Around The Bend
- Coldplay - Shiver
- Dino Jr. - Feel the pain
- Fleetwood Mac - Go your own way
- Foo Fighters - Everlong
- Hush Puppies - You’re Gonna say yeah
- Interpol - Obstacle1
- Jimi Hendrix - Purple Haze Live
- Jimi Hendrix - Wind Cries Mary
- Kent - Vinternoll 2
- Lenny Kravitz - Are you gonna go my way
- Linkin Park - What I’ve Done
- Lost Prophets - Rooftops
- Mars Volta - L’Via L’Viaquez
- Metallica - Trapped under ice
- Michael Jackson - Beat It
- Modest Mouse - Float On
- Negramaro - Nuvole
- Nirvana - About a Girl
- No Doubt - Spiderwebs
- Oasis - Some Might Say
- Ozzy Osbourne - Crazy Train
- Ozzy Osbourne - Mr. Crowley
- Paramore - Misery Business
- Pat Benatar - Heartbreaker
- Radio Futura - Escuela De Calor
- Silversun Pickups - Lazy Eye
- Stuck in the sound - Toy Boy
- Sublime - Santeria
- Survivor - Eye of the Tiger
- System of a Down - BYOB
- The Doors - Love me two times
- The Eagles - Hotel California
- The Enemy - Aggro
- The Guess Who - American Woman
- Tokio Hotel - Monsoon
- Van Halen - Hot for Teacher
Tamén se fala da aparición de Clavado en un bar (Maná), Fury of the storm (DragonForce), I write not sins tragedies (Panic! at the disco) e When your heart stop beating (+44) coma temas adicionais.

PUBLICIDADE