Radio Nacional estrea un programa sobre tecnoloxÃa: 5.0
mércores, 5 de setembro do 2007

- De esquerda a dereita, Javier Polo, Manu MartÃnez e Marta Pastor
O pasado martes Radio Nacional de España continuou
a súa aposta polas novas tecnoloxÃas e estreou ás 23:00 horas o programa 5.0 en Radio 5, no que se informa das
novidades no mundo das TIC e coméntanse interesantes temas contando con
convidados de peso.
O programa conta cun equipo de profesionais que destacan pola súa paixón pola
tecnoloxÃa, de aà que Manu MartÃnez, Javier Polo e Marta Pastor
se xuntasen para facer este espazo semanal de 1 hora de duración que tamén se
pode seguir a través
de podcast.
Na súa primeira entrega o programa fixo un completo repaso da actualidade,
entrevistaron a un cooperante español en Camboia e ó popular blogueiro Enrique
Dans, falaron de retrotecnoloxÃa (elementos que foron tecnoloxÃa no seu dÃa
e que xa pasaron á historia), da feira de videoxogos de Leipzig, dos novos móbiles de Nokia e mesmo
estrearon a sección Made In Japan, na
que un español no Xapón (Alejandro Cremades) nos ilustra sobre as novidades
tecnolóxicas en oriente.
Os interesados nestes contidos xa poden descargar o
programa en MP3.
