Reabre a web Podgalego.org

mércores, 2 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Para promover o fenómeno do podcasting en Galicia naceu en outubro de 2006 a web Podgalego.org, que tras un accidental paréntese de 5 meses vén de reabrir en fase de probas, continuando a cumprir coa súa función de difusión dos podcasts galegos dende un completo directorio, que agora reparte os seus contidos en categorías e mesmo inclúe a opción e subscribirse ós podcasts dende iTunes.
Os responsables da web quere darlle un importante pulo á sección de recursos, onde incorporan apartados que pretenden axudar ós interesados a publicar os seus propios podcasts, para o que elaboran guías nas que ilustran sobre a elección de hospedaxe ou ferramenta CMS, a música copyleft ou os elementos precisos para gravar un podcast.
Agardemos que dende esta iniciativa se reforce a percepción en Galicia deste interesante medio.