Rebaixan temporalmente o xogo Halo no Bazar de Xbox LIVE

martes, 23 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE comezou hoxe unha promoción que durará só ata o vindeiro luns durante a que o clásico xogo para Xbox Halo: Combat Evolved reduce o seu prezo á metade, de xeito que se pode mercar por 600 Microsoft Points (uns 7,2 euros) o que permitirá revivir a este clásico que destacou no seu día polo seu modo multixogador e os deseños dos seus personaxes (que se mantén case inalterable na actualidade), creando os alicerces dun tipo de xogo que levou ao éxito á Xbox 360 anos despois.
Halo é todo un fenómeno (especialmente nos EE.UU.) e actualmente Halo 3 continúa a ser o xogo con máis participantes en liña na plataforma Xbox LIVE (pese a que Gears of War 2 e Call of Duty intenten facerlle sombra) e a primeira entrega, pese ao tempo, conserva moito do seu encanto, aínda que para adquirilo coma descarga teña coma principal atranco os 5 Gbytes de disco duro que ocupa.