Rebumbio por unha actualización de Age of Conan que reduce os peitos de varios personaxes femininos

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Contraste do xogo entre antes e despois do polémico parche

O xogo masivo multiusuario Age of Conan: Hyborian Adventures está a acadar un éxito impresionante, superando en algúns países ao GTA IV pese a que este título só saíu para PC, pero curiosamente a xente fala del por mor dunha actualización que tivo un efecto que non se agardaba: o tamaño dos seos de varios personaxes femininos se veu reducido de xeito notable o que provocou a ira dos xogadores.
As actualizacións deste tipo de xogos pretenden arranxar problemas detectados e mellorar detalles gráficos, pero o polémico cambio non foi intencionado, polo que dende Funcom piden desculpas aos usuarios e prometen un parche para arranxar o problemas, de xeito que nos vindeiros días os peitos de certas guerreiras volverán ao seu tamaño orixinal.