Red Dead Online principia a súa beta ao longo desta semana
luns, 26 de novembro do 2018
Hai
un mes exacto viu a luz o xogo Red Dead
Redemption II, a meirande produción do ano e tamén un dos xogos de
maior éxito nas súas primeiras horas, confirmando o acerto de Rockstar Games á
hora de realizar traballos de longo desenvolvemento e coidada factura para conseguir
asà manter unha grande parroquia de fieis seareiros, que non só buscan obter unha
magnÃfica experiencia en solitario, senón que tamén queren que os modos de xogo
en liña poidan ampliar as posibilidades tanto para vivir novas aventuras como
de gozar dunha renovación constante que permite xogar durante moitos meses e retomar
o xogo cada certo tempo.
Pero de lanzamento Red Dead Redemption II
non tiña o seu modo de xogo en liña activado, asegurando Rockstar que ese modo
chegarÃa ao longo do mes de novembro aos usuarios de PlayStation 4 e Xbox One
en forma de beta, o que semella que
será inminente, xa que na páxina de Xbox dedicada a Red Dead Redemption II descubrÃronse
logros relativos a Red Dead Online,
asegurando que o 0,01% dos xogadores terÃan finalizado a introdución do modo multixogador.
AÃnda que a data de lanzamento de Red
Dead Online non está escrita en pedra, confÃase en que teña lugar en breve,
para que os xogadores poidan gozar de Red
Dead Redemption II do mesmo xeito que con Grand Theft Auto V, ou sexa, recibindo grandes actualizacións cada
poucos meses que os conviden a continuar a xogar ao modo en liña que a través
das microtransaccións consegue ser especialmente rendible para Rockstar, que
confÃa cada vez máis en tal modelo de negocio, no que os xogos non son simples
produtos, senón servizos que hai que atender a longo prazo, mantendo unha
comunidade forte de xogadores que contribúa economicamente ao mantemento do
xogo a longo prazo.
ACTUALIZACIÓN (26-11-2018):
Mañá ábrese a beta do xogo
Antes o comentamos e antes acontece: Rockstar
Games vén de confirmar que mañá mesmo abre a beta de Red Dead Online, fase de probas que irá abrÃndose por etapas de
xeito que o vindeiro venres estará dispoñible para todo o público en xeral.
A partires de mañá os usuarios que se fixesen coa Ultimate Edition de Red Dead
Redemption 2 terán xa acceso a Red
Dead Online, mentres que o mércores abrirase o acceso aos usuarios que xogasen
ao tÃtulo no dÃa de lanzamento e o xoves a quen xogase nos 3 dÃas seguintes. O
venres xa poderá participar na beta de Red
Dead Online calquera usuarios que teña unha copia de Red Dead Redemption 2 para PlayStation 4 ou Xbox One.
Dende Rockstar adiantan que o mundo aberto que teremos nesta beta poderá abordarse
en solitario ou con amigos, podendo formarse grupos de até 7 xogadores, que
tanto poderán ir de caza ou pesca como combater con outras bandas inimigas,
buscar tesouros ou participar en misións.