Red Dead Redemption chegará a Netflix, móbiles e consolas de nova xeración
xoves, 13 de novembro do 2025
Rockstar confirmou que Red Dead Redemption e a súa expansión Undead Nightmare estarán dispoñibles o 2 de decembro nos dispositivos móbiles máis recentes e nas consolas actuais, con actualizacións gratuÃtas, compatibilidade de partidas gardadas e diversas melloras técnicas.
A compañÃa lembra que esta entrega sitúa o xogador nos acontecementos posteriores a Red Dead Redemption 2, seguindo a viaxe de John Marston para deixar atrás o seu pasado violento. Pola súa parte, Undead Nightmare recupera o ton fantástico ao propoñer a procura dunha cura fronte á praga zombi que asola a fronteira. As novas versións inclúen a experiencia completa para un só xogador en ambos tÃtulos, asà como contidos adicionais da Game of the Year Edition.
A estrea en iOS e Android permitirá que máis público ca nunca poida acompañar a Marston alà onde vaia, con opcións de control adaptadas a dispositivos móbiles. Ademais, os subscritores de Netflix poderán descargar e xogar estas versións sen custo engadido a partir tamén do 2 de decembro.
Nos sistemas de nova xeración, PS5 e Xbox Series X|S ofrecerán unha experiencia fluÃda a 60 fotogramas por segundo, mellora de imaxe, compatibilidade con HDR e resolucións de ata 4K. No caso da Nintendo Switch 2, o estudio destaca o aproveitamento do novo hardware con soporte para DLSS, HDR, control con rato e tamén 60 fotogramas por segundo a alta resolución.
As actualizacións serán de balde para quen posúa o xogo en PS4, Nintendo Switch ou a versión dixital retrocompatible en Xbox One. Os usuarios de PS5 poderán recuperar as súas partidas gardadas de PS4, mentres que na Switch 2 se poderá continuar o progreso iniciado na consola anterior.
Estas novas edicións, desenvolvidas en colaboración con Double Eleven e Cast Iron Games, incorporaranse ademais o 2 de decembro ao catálogo de xogos de GTA+ e ao catálogo de PlayStation Plus.
Tráiler das novas versións de Red Dead Redemption
