Red.es promoverá a entrada das PEME na web

luns, 28 de maio do 2007 Marcus Fernández

Ninguna Empresa sin WEB (NEW) é o nome do novo programa promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Entidade Pública Red.es para sensibilizar ás pequenas e medianas empresas sobre a importancia da identidade dixital nos seus negocios.
Así, o programa difundirá e asesorará sobre as vantaxes, custos e operativas para que as PEME teñan espazo web, para o que contará cun presuposto de 1.560.000 euros, cos que pretenden potenciar unha área na que España parece especialmente retrasada con respecto do resto de Europa, pois as presenza das PEME españolas é de só o 43%, o que sitúa ó Estado por debaixo de países coma Italia (54%) ou Grecia (56%) e claramente lonxe do 64% da media comunitaria.
NEW desenvolverá 3 liñas de actuación entre setembro de decembro de 2007:

- Establecemento dunha liña telefónica de asesoramento á pequena e mediana empresa para que coñezan as vantaxe de ter unha web, así coma os pasos a seguir para contar coa mesma, para o que tamén existen axudas públicas.

- Constitución de alianzas estratéxicas con provedores que oferten un paquete integrado de solucións web axeitado ás necesidades das PEME a prezos especiais.

- Desenvolvemento dunha campaña de difusión, sensibilización e asesoramento que animen ás empresas a ter unha web baixo un nome de dominio propio.