RedCoruna comercializa un aloxamento web con tarifa plana

martes, 21 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A empresa luguesa RedCoruna lanza unha nova oferta de hospedaxe de páxinas web de tarifa plana, co que pretenden atender as demandas dos administradores de páxinas web sen ter que recorrer a un servizo de aloxamento sito nos EE.UU. ou no norte de Europa.
O servizo de Tarifa Plana comercialízase en dúas modalidades: para unha páxina web individual (por 4,5 euros/mes) ou para varios sitios web (7,5 euros/mes). Os prezos non incluirían o IVE, e o seu período mínimo de contratación é de 3 meses, aínda que tamén é posible probar o servizo durante 48 horas.
A hospedaxe web con esta oferta carece de límites de transferencia mensual e de espazo de disco, polo que resulta atinado para os que queren lanzar un proxecto na Rede altamente escalable ou cunhas necesidades por determinar.
RedCoruna leva operando no mercado web dende 2003 e aseguran ter máis de 20.000 clientes activos.