Reggie Fils-Aime deixará a presidencia de Nintendo nos EE.UU.

venres, 22 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Nintendo é unha compañía que ten como cara visible directivos e creadores da súa división xaponesa, pero curiosamente dende EE.UU. o grande compromiso de Reggie Fils-Aime fixo que fose unha figura recoñecida mundialmente, de xeito que para moitos xogadores de todo o mundo é unha cara de Nintendo tan presente como a de Shigeru Miyamoto ou o finado Satoru Iwata, que finalmente vai dicir adeus o vindeiro 15 de abril, día no que deixará a presidencia de Nintendo nos EE.UU. para traspasar o testemuño ao actual vicepresidente senior de vendas e marketing, Doug Bowser (apelido bastante curioso por coincidir co antagonista dos xogos de Super Mario Bros).
Fils-Aime leva máis de 15 anos en Nintendo, dos que en preto de 13 ocupou o cargo de máxima responsabilidade, de xeito que comezou na compañía nun momento no que as consolas da compañía eran a GameCube e a Game Boy Advance, e baixo o seu liderado chegaron grandes lanzamentos como a Nintendo DS, a Wii, a Nintendo 3DS e a Nintendo Switch, polo que tocoulle vivir unha das mellores épocas da compañía xaponesa, o que facilitou que a súa persoa fose moi recoñecida polo público, especialmente porque en moitos ocasións amosouse próximo aos seareiros de Nintendo, de aí que o anuncio da súa marcha véxase con certa tristura.

Doug Bowser será o vindeiro presidente de Nintendo nos EE.UU.

Mensaxe de despedida de Regie Fils-Aime

PUBLICIDADE