Remata a poxa pola banda de 26 GHz para a 5G
mércores, 21 de decembro do 2022
A licitación da banda de 26 GHz, na que se poxaban 12
concesións estatais de dominio público radioeléctrico (2.400 MHz) e 38
concesións de ámbito autonómico (400 MHz), finalizou tras as poxas dos
operadores que optaban ao proceso. Tras
o peche desta poxa complétase
o proceso de posta ao dispor dos operadores da práctica totalidade da banda de
26 GHz, prioritaria para o desenvolvemento da tecnoloxía 5G.
Tres operadores, Telefónica, Vodafone e Orange, poxaron por nove concesións de
ámbito estatal, 1.800 MHz. No ámbito autonómico, a compañía Globe Operator
Telecom poxou por unha concesión en Castela e León. O importe final polas concesións outorgadas,
cuxa duración será de 20 anos prorrogables unha vez por 20 anos, ascende a 36,2
millóns euros.
É especialmente salientable o caso de Telefónica,
adxudicataria de 1GHz na banda de 26 GHz por un importe total de 20 millóns
de euros, xa que Vodafone e Orange só se fixeron con 400 MHz cada un, polo que
a vantaxe competitiva de cara ao futuro por parte de Telefónica resultará
evidente.
A banda milimétrica permitirá ofrecer conexións 5G con grandes prestacións en
espazos de alta densidade de demanda, como instalacións industriais, parques
empresariais, espazos deportivos... aínda que a súa adopción será lenta, xa que
precisa dun grande investimento por parte dos operadores e de dispositivos
móbiles compatibles (que actualmente son unicamente algúns móbiles de alta
gama).
- A capacidade adquirida por Telefónica é especialmente rechamante