Reparten 25.000 códigos de acceso para a beta de LittleBigPlanet

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os sackboys de LittleBigPlanet homenaxean e parodian moitas escenas (de multitude de ámbitos) durante a súa promoción

LittleBigPlanet é un dos xogos máis agardados para a PlayStation 3, e dende Sony confían en que sexa o título que relance as vendas da súa consola no Nadal, pois ofrece unha experiencia de xogo sen precedentes, combinada coa posibilidade de dar renda solta á creatividade dos usuarios para deseñar as súas propias pantallas do xogo.
Para continuar a crear expectación durante estes días se están a repartir a través da web 25.000 claves de acceso para a versión de proba do xogo, que se poden conseguir de distintos xeitos a través de blogs e webs (mediante concursos ou, simplemente, deixando un comentario). A iniciativa quere deixar claro que o LittleBigPlanet é unha obra que non se limita a un xogo e á súa web oficial, estando orientado á creación dunha comunidade ao seu redor.
Mentres os usuarios loitan por poder acceder ao agardado xogo, os seus creadores continúan a animar a espera con anuncios cada vez máis orixinais e divertidos, como unha orixinal homenaxe ao Tetris:


Non sobran tamén os trailers de LittleBigPlanet (dos que xa perdemos a conta):

PUBLICIDADE