Repasan os xogos de realidade virtual de máis éxito en 2017
martes, 2 de xaneiro do 2018
Dende Valve queren comezar o ano 2018 facendo repaso do
2017, de xeito que publican unha
serie de recompilacións co máis vendido e xogado do ano, o que permÃtenos
coñecer os xogos que máis venderon, os mellores lanzamentos, os xogos que deixaron
o seu acceso anticipado con maior éxito, os que xuntaron a máis xogadores
simultáneos e, como grande curiosidade, temos que recompilan os xogos de
realidade virtual máis vendidos.
Saber que xogos de realidade virtual son os que tiveron mellores vendas en
Steam é unha información de grande interese, xa que permÃtenos saber cara onde
avanza este xénero que leva a primeira persoa ao extremo, cun nivel de
inmersión que non senta igual de ben a todas as mecánicas de xogo, de aà que sexa
difÃcil predicir o que funcionará ata que pase pola proba do público.
Durante o último ano saÃron máis dun milleiro de xogos de realidade virtual,
entre os que destacaron especialmente Fallout
4 VR, SUPERHOT VR e Rick
and Morty: Virtual Rick-ality, aÃnda que tamén continuaron a ter boas
venda xogos consolidados como Arizona
Sunshine, RAW DATA e Job Simulator, asà como a ferramenta de
pintura tridimensional de Google, Tilt Brush,
que practicamente imprescindible á hora de experimentar coa realidade virtual.

- Arizona Sunshine colocouse como o segundo xogo de VR con máis ingresos do ano
O éxito de Fallout 4 VR,
que con 4,7 millóns de dólares en ingresos colócase en cabeza é impresionante
polo feito de que estamos ante un xogo que veu a luz o 12 de decembro, ou sexa,
que tivo menos de 3 semanas para converterse no xogo de VR de máis éxito
comercial en 2017 (dentro de Steam), seguido moi de preto por Arizona Sunshine (xogo de zombis que
converteuse en todo un referente), sendo só 4 os xogos que superaron os 4
millóns de dólares en ingresos. Estes resultados son os que levan aos estudios
a ter moita prudencia neste ámbito, xa que resulta moi difÃcil recuperar o
investimento realizado, o que constátase no feito de que a metade dos 12 xogos de
VR co maiores ingresos en 2017 publicáranse en 2016.
Un xogo que ao non ser exclusivo da realidade virtual non figura entre os destacados
en Steam serÃa Project CARS 2,
que é un tÃtulo de carreiras de automóbiles cun elevado nivel de detalle, e que
foi moi ben recibido entre os usuarios con cascos Oculus Rift e HTC Vive
(especialmente se contan tamén cun volante para un maior realismo).
