Resident Evil 6 contará coa presenza de Ada Wong

mércores, 1 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Ada Wong defenderase dos inimigos valéndose da súa bésta

Tras moitos rumores confírmase que o xogo Resident Evil 6 non só nos permitirá controlar a Leon S. Kennedy, Chris Redfield e Jake Muller na súa campaña principal, senón que unha ver superado o xogo poderá accederse a unha cuarta historia entrelazada coas anteriores, pero dende a perspectiva dun personaxe coñecido para os fieis a esta franquía de Capcom, Ada Wong. A confirmación da aparición desta muller que puidemos ver por primeira vez en Resident Evil 2 realizouse durante a presentación dun novo modo de xogo coñecido como Agent Hunter, no que poderase entrar nas partidas doutros xogadores para encarnar aos monstros que atacan aos protagonistas, e só estará dispoñible en varios escenarios específicos.
No xogo quedará claro que inimigos están controlados pola máquina e os que sexan outros xogadores en liña, permitíndose que os usuarios que opten por manexar aos monstros poidan coordinarse mediante chat de voz para pórlle as cousas máis complicadas a un xordo usuario. Os usuarios que non queiran padecer este tipo de infección en liña poderán desactivar previamente o modo Agent Hunt.
Resident Evil 6 chegará ás tendas o 2 de outubro nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que os usuarios de PC deberán agardar algo máis para poder gozar deste prometedor título de acción e terror.


Ada Wong cruzarase con personaxes como Leon S. Kennedy na súa campaña


O modo Agent Hunt visto en vídeo

PUBLICIDADE