Resident Evil 7 tirará proveito da nube para chegar a Nintendo Switch
luns, 21 de maio do 2018
O último anuncio de Capcom está a ser unha grande sorpresa, xa
que a compañÃa confirmou que estaba a preparar unha versión do seu grande éxito
Resident Evil 7 para Nintendo Switch,
que polo momento só está confirmado o seu lanzamento no Xapón dun xeito moi
especial, xa que o tÃtulo non correrá directamente na consola, senón que o xogo
funcionará na nube, de xeito que a Switch farÃa de pantalla e mando, de xeito
que teriamos algo semellante ao xogo remoto que ofrecen consolas e plataformas
como Steam.
Este novo Biohazard 7 Resident Evil Cloud Version non serÃa un xogo que poderiamos comprar,
senón que terÃa un prezo de 2.000 iens (15,27 euros) para poder empregalo
durante 180 dÃas, incluÃndo todos os contidos que foron saÃndo para o xogo
dende o seu lanzamento en consolas.
Para poder gozar de xeito solvente do xogo na
nube precisariamos dunha conexión á Rede estable e de baixa latencia,
recomendándose empregar Wi-Fi na banda dos 5 GHz ou conexións con cable
(mediante un adaptador) e só ocuparÃa 45 MB na consola, xa que o xogo en si
mesmo correrÃa en servidores en liña.
Haberá que ver como funciona o que semella un experimento para comprobar se os
usuarios de Nintendo Switch están dispostos a alugar videoxogos e executalos na nube, o que poderÃa ser tamén un
xeito de gozar de tÃtulos que precisarÃan dunha potencia que a Switch non pode
subministrar. Pero o que está claro é que non estamos ante un escenario no que
os lanzamentos puidesen realizarse de xeito global, xa que para ofrecer xogos
en streaming é preciso que os
servidores dos xogos estean próximos aos usuarios, como acontece con servizos
como PlayStation Now, dispoñible dende hai anos, pero que non pode contratarse dende
España.
VÃdeo promocional da versión na nube de Resident Evil 7