Resident Evil Requiem supera os 5 millóns de copias
mércores, 4 de marzo do 2026
Capcom confirma o éxito comercial de Resident Evil Requiem, a nova entrega principal da coñecida saga de terror e acción, que conseguiu vender máis de cinco millóns de copias apenas cinco dÃas despois do seu lanzamento. A propia compañÃa nipoa celebrou o fito nas redes sociais cunha mensaxe dirixida aos seguidores da franquÃa: «Estamos profundamente agradecidos a máis de cinco millóns de persoas por xogar Resident Evil Requiem. A todo o mundo que segue apoiando a serie, moitas grazas».
Segundo explicou a editora nun comunicado recollido por diversos medios especializados, o tÃtulo converteuse nun dos lanzamentos máis rápidos da historia recente da saga, superando o ritmo de vendas inicial de Resident Evil Village e tamén o dos populares remakes de Resident Evil 2 e Resident Evil 4.
Os primeiros datos de actividade tamén apuntan a unha forte acollida entre o público. Durante a fin de semana de estrea o xogo chegou a superar os 344.000 usuarios simultáneos en Steam, o que supón un récord para a franquÃa na tenda dixital de Valve.
O éxito de Resident Evil Requiem atribúese tamén a decisións de deseño orientadas aos seguidores da saga. O xogo recupera como protagonista ao popular Leon S. Kennedy e introduce unha nova personaxe, a axente do FBI Grace Ashcroft. A historia combina secuencias centradas en ambos personaxes e recupera escenarios emblemáticos da serie, como a cidade de Raccoon City, nunha mestura de terror de supervivencia e acción.
Outro detalle moi interesante ao redor de Captom é que, durante unha sesión de resultados financeiros, a compañÃa confirmou o pulo que ten o mercado dos xogos para PC, detallando que preto do 50 % das unidades que venden os seus tÃtulos corresponden a ordenadores persoais. Indican que esta proporción leva anos medrando, tendencia que confÃan en que se manteña.

- A presenza de Leon S. Kennedy en Resident Evil Requiem non se desvelou ata pouco antes do lanzamento do xogo

- Grace Ashcroft é a nova incorporación á franquÃa Resident Evil
