Retiran varios xogos da PlayStation Store

mércores, 8 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Imaxe do Spyro 2 para PlayStation

Sony vende dende hai meses distintos xogos vellos de PlayStation para o seu uso na PS3, pero varios títulos están a amosar problemas, polo que veñen de retirar Spyro 2 e Crash Bandicoot 2, que se suman así á retirada de MediEvil o mes pasado. Os problemas presentados poderían arranxarse en breve, pero se suman a moitas outras incompatibilidades que presenta a última consola de Sony, que non só se bloquea con xogos de PlayStation, senón que moitos xogos orixinais de PS2 tamén dan moitos problemas, o que lle valeu a Sony moitas críticas por parte dos seus seguidores máis incondicionais, que se senten maltratados polos problemas da retrocompatibilidade da PS3.