RetroCoruña celebra unha 6ª edición express
venres, 7 de xuño do 2019
Tras varios anos en suspenso, por fin volve RetroCoruña, encontro para
afeccionados da informática clásica que na súa 6ª edición trasládase á Sociedade
Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada na que este sábado de 11:00 a 21:00
horas desenvolveranse unha serie de actividades froito da colaboración entre a
Asociación de Usuarios de Informática Clásica, RetroGalaicos e a mencionada
Sociedade.
O encontro contará con expositores de RetroGalaicos, MiComputer, Legión Gamer, Geoalex,
Aula 360, El Baúl de los Recuerdos, a AUIC e retro ordenadores Orty (as dúas
últimas chegadas dende Madrid); unha charla de introdución á historia dos
videoxogos e ás ferramentas libras para o desenvolvemento a dÃa de hoxe de
xogos retro; un obradoiro de programación básica con ferramentas libres
(sendo preciso levar ordenador portátil para poder tirar proveito da
actividade); un photocall solidarios de 17:00 a 22:00 horas organizado
por Legión 501 (para recadar fondos para a loita contra o cancro); un torneo de
Super Smash Bros. para Nintendo Switch e outro de Street Fighter II;
e unha charla sobre seguridade e pilotaxe de drons (que terá lugar ás 19:30
horas).
No que ao espazo expositivo se refire, espérase que o máis interesante que se
poida ver sexa o material achegado por retro ordenadores Orty (de José A.
Ortigueira), que incluirá unha selección de máquinas da RDA Alemá, equipos dos
anos 80 que poden considerarse auténticos vestixios da Guerra FrÃa, e que
destacan pola súa estética industrial e a súa robusta construción.
- Os equipos que José A. Ortigueira achega a cada edición de RetroCoruña son sempre o máis destacable do evento